segunda-feira, 26 de maio de 2014

ALG-A LAB - VIGO


photo: Ernesto Rodrigues with Maria Radich

Ernesto Rodrigues é un dos grandes nomes da improvisación electroacústica (http://rateyourmusic.com/genre/EAI/). A súa práctica privilexia o imprevisible a partir do encontro creativo con outros músicos nos máis diversos contextos. O seu extenso traballo está sobre todo documentado en Creative Sources, editora que inicou en 2001 e que é hoxe unha das máis relevantes do panorama internacional. Ricardo Guerreiro (ordenador) colaborou regularmente con ER ao longo dos últimos anos sexa en grupos como IKB ou en formacións máis reducidas ao lado de nomes como Axel Dörner ou Radu Malfatti. O saxofonista Bertrand Gauguet, un dos músicos máis interesantes e activos da actualidade, visita a península ibérica para unha pequena serie de concertos con este trío, que ten inicio en Galicia e pasa polo Porto antes do concerto final no Panteón Nacional en Lisboa. (Alg-a Lab) 

Sem comentários:

Enviar um comentário